Archive for the Nonchodigo Nius Category

Ataque de Radicais Católicos á Ministra da Guerra de España

Posted in Nonchodigo Nius on Xullo 17, 2008 by arrecarallo

NONCHODIGO NIUS: Radicais católicos por boca do voceiro do partido conservador-relixioso “Partido Popular” (que no territorio ocupado do N.O. amplia o nome a “de G”) o reverendísimo A. Núñez Feijoo, dirixiron ataques á Ministra da Guerra Española por ter elucubracións oníricas sobre a suspensión dun acto relixioso que forma parte dunha ceremonia castrense desde a noite dos tempos. Os ataques aumentaron por parte das camadas nacional-católicas en diversos foros onde a condición feminina da Ministra da Guerra foi salientada unha e outra vez como unha tara, así como ter nacido nunha vila do antigo territorio da Marca Franca, que se corresponde cos actuais Països Catalás.

O catolicismo é unha ortodoxia herética do cristianismo que naceu hai aproximadamente 2000 anos a partir dun individuo do movemento mesiánico xudeo, na actual Palestina. O longo dos tempos, logo de ser asumido como relixión oficial no imperio romano, caracterizouse por ser especialmente violento e expansionista. A nivel social caracterízase pola existencia dunha casta sacerdotal, piramidal, que non ten asinado ningún dos tratados internacionais de dereitos humanos. Entre as súas creacións está a do “velo bizantino” como forma de represión da muller, que traspolado a outras culturas pervive na actualidade co nome de burka nalgunhas zonas sub-desonvolvidas. Desde a Idade Media ata a actualidade ten realizado numerosas guerras expansionistas e xenocidas denominadas cruzadas. Na actualidade hai numerosos paises ocupados polos cruzados, ainda que con diferentes nomes como poden ser FINUL, ou simplemente USA-ARMY. O catolicismo e as distintas organizacións do entramado político e económico, o tamén denominado “entorno pro-vaticano”, non acepta a relevancia pública de outros credos, e sobre todo, é expecialmente combativo contra o cientifismo, a lóxica, a racionalidade, en suma, contra o ateísmo ou mesmo o agnosticismo.

Resulta especialmente inquietante a relación entre os radicais e o entramado militar polo que haberá que seguir con atención os acontecementos.

No xornal Faro de Vigo podemos ler información sobre o tema.

Advertisements