Archive for the Internacional Category

O noso fillo de puta.

Posted in Internacional on Marzo 24, 2011 by arrecarallo

Cordell Hull, Secretario de Estado dos U.S.A. entre 1933 e 1944 dixera aquela frase atribuida a F.D. Roosevelt e referida ó dictador nicaraguano Somoza pai; “Pode que sexa un fillo de puta, pero é o noso fillo de puta“.

Os fillos de puta vanse alternando na historia, e pasan de ser nosos a cair en desgracia. Quen otorga o título de fillo de puta?. E, para iso…, hai que ser previamente titulado ou doutorado? Sexa como sexa, é unha especie que non periga de se extinguir.

Advertisements

Pequena escolma biográfica.

Posted in Internacional on Febreiro 21, 2011 by arrecarallo

Chega á xefatura do réxime á morte do anterior dirixente.
Recibe o apoio de Kissinger e o governo U.S.A para perpetuarse no posto.
Ten bases americanas no seu país, e colabórase na invasión de outros países.
O réxime é acusado repetidamente de torturas ós detidos, por organismos internacionais.
Ilegalízanse os partidos contrarios ó réxime.
Péchanse xornais e medios de comunicacións contrarios ó réxime.
Establécemse leis para o control de Internet.
Pretende que o seu fillo chegue a ocupar o seu posto.
É sospeitoso de ter contas bancárias en Suiza ou paraísos fiscais.
Non ten responsabilidade dos seus actos e reprímese a crítica á súa persoa.
A crise económica afecta especialmente ás clases menos pudientes do país.

Cervantes… temos un problema ¡¡¡

Posted in Internacional on Xuño 16, 2010 by arrecarallo

Ou algo así debeu sonar no día E cando unha brincadeira reivindicativa fixo que a expresión popular se transformase primeiro nun acto de sabotaxe e logo en algo mais aséptico coma problema.

Tamén a quen se lle ocorre propor unha votación popular,  que a democracia non é iso,   que hai que facer ben as cousas e acompañalo de “manda un sms e vota”,   ou propor unha lista dirixida,   que a xente o toma ó pe da letra…

Pois nada, que xa non se pode votar para a palabra favorita da lingua española na web do Instituto Cervantes.

A votación antes do “problema” era a seguinte:

República con 7.979 votos.

Limón con 7.675 votos.

Gamusino con 7.508,   e así ata 2.625 palabras propostas.

Fonte informativa: http://ciudad-futura.net/2010/06/15/dia-e/

Fotos de polígamos

Posted in Internacional on Maio 12, 2008 by arrecarallo

A señora Vicepresidenta do Governo Español,   amósase tremendamente abraiada por ter posado para unha foto do lado dun “polígamo” e as súas mulleres en Níxer.   A nova é salientada en diversos medios de prensa,   televisión e radio con comentarios varios da anécdota.   Nos medios non explican ben o salientable da foto:   ¿que a señora Vicepresidenta pose cun polígamo?   ¿co polígamo e as súas donas?   ¿coas donas?   ¿ou que traballen para un empresario español que ten negocios en Níxer?.

A noticia pódese consultar no xornal La Voz de Galicia onde se amosa un vídeo ilustrativo.

Un pouco para comparar amosamos outra foto dun membro destacado do estado confraternizando con outro afamado polígamo. Neste caso, en vez das tres donas do nixeríno,   o rei de Arabia,    Abdullah Bin Abdulaziz,   ten 32 mulleres e non parece que ninguén se arrepíe do tema e mesmo sexa un bo convidado para unha cea en familia,    real,   iso si.

Xantar Real

Bush na Feira Franca de Pontevedra

Posted in Internacional on Abril 2, 2008 by arrecarallo

milicosucrainos.jpg 

Iso foi o primeiro que pensei hoxe ó abrir ó xornal La Voz de Galicia.   A imaxe chocalleira realmente correspondese con algo máis serio,   como é o tema da ampliación da O.T.A.N. con dous novos paises.   Xeorxia por unha banda, con problemas territoriais con Rusia,   e Ucrania onde é tomada a foto, e con problemas de homologación democrática mesmo para as concepcións máis febles do termo,    son os territorios que pretenden ser sumados á Alianza Atlántica.

A reunión da O.T.A.N. nun marco idóneo, o antigo Pazo de Ceaucescu,   polo tamaño que encargou o ególatra, e polo respecto dos cidadáns e das súas opinións.

A nova completa pódese consultar en :

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/04/02/0003_6698439.htm