Arquivo para Marzo, 2010

Faiado dos Frades…

Posted in Pepadas on Marzo 9, 2010 by arrecarallo

… digo eu que tamén podería ser,   xa postos a retrucar a toponimia,   o Sr. Conseghero dela Ghunta de Ghalisia,   Omega*  Varela tería unha varia posibilidade.   Do que podería ser non máis que unha comicada do comisario político-cultural ó traslocar Sobrado dos Monxes en “Desván de los Monjes”, queda a maiores a teimuda negación do pinchacarneiro lingüístico ata que a evidencia probatoria do video o apeou de si mesmo,  ou da burra mental en que adoitan agallopar os da grea pepera.

Só nos queda unha pregunta para Omega Varela:    cando fala de “Toro” refírese a un toro de pescada ou badeixo, ou é unha homaxe á festa nacional española que xa se sabe que está en perigo de extinción, non coma o galego que é imposto por todos lados?

* O Mega Varela, o Super Varela se temos en conta o seu ego desatado, daría en Omega, a derradeira letra do alfabeto grego, na clasificación do amor á Fala, á Terra, ó Pobo.