O Xefe do Estado do Reino de España, constitucionalmente irresponsábel, foi pillado na allada entre un tema de comisións petrolíferas e a volta ó seu plácido labor institucional que non o deixa durmir, salvo cando a sua dona o leva a algún concerto de música clásica.
A súa afección da caza de pelo, de duas ou catro patas, provocou un accidente que o sacou do incógnito e segredo, para publicitar o seu afán eliminatorio de paquidermos, e tamén o interés cinexético por algunha bípeda loira.
De estar tras da escopeta pasou a ser apuntado polas cámaras nun particular alarde informativo dos medios de comunicación españois, que tradicionalmente ollan para outro lado ou calan das falcatruadas borbónicas.
O grupo portugués, Bandex, os mesmos de Um Mundo Pior, fan unha divertida montaxe entre monarcas arrepentidos, caza de paquidermos, e rituais reproductivos… de elefantes.
Remitido por: Petapouco


